19/9/10

FENACO Galicia estará presente en Termatalia


A Organización Colexial Naturopática FENACO en Galicia, FENACO Galicia ultima os preparativos para a súa participación na 10ª edición de Termatalia, Feira Internacional de Turismo Termal, que terá lugar en Ourense do 15 ao 17 de outubro.

Na reunión da Xunta de Goberno da Organización Colexial Naturopática FENACO en Galicia, FENACO Galicia, estivo presente, Manuel Navarro, Presidente de FENACO para dar o apoio e respaldo á xestión realizada por FENACO Galicia para a promoción e desenvolvemento da profesión naturopática coa súa asistencia a Termatalia, onde exporemos os servizos que prestamos aos profesionais do sector, asi como os aspectos formativos e o desenvolvemento sociolaboral que está a ter a profesión naturopática coa consecuente demanda de postos de traballos no sector naturopático.

José González, Presidente de FENACO Galicia valora positivamente a participación da Organización Colexial Naturopática FENACO en Termatalia debido sobre todo á expansión empresarial, profesional, laboral e formativa que está a ter a área hidrotermal dentro dun concepto de saúde máis relacionado co benestar e calidade de vida.

En está reunión tamén estiveron presente, Cristina García, Vicepresidenta de FENACO Galicia; Myriam Valbuena, Secretaria Xeral de FENACO Galicia; Maria Teresa Carames, Delegada de FENACO Ourense; Eugenio Rio, Delegado de FENACO Lugo; Xullo Antonio Xusto, Vogal de FENACO Galicia; e contamos tamén coa presenza de Manuel Montes, Presidente de FENACO Comunidade Valenciana.

FENACO Galicia segue consolidandose como referente do sector naturopático representando e defendendo os intereses profesionais do sector naturopático, ofrecendo solucións reais e achegando iniciativas para propiciar a creación de emprego no sector naturopático galego.

23/8/10

FENACO Galicia consolídase facendo profesión


A Organización Colexial Naturopática FENACO en Galicia, FENACO Galicia, ultima o calendario de actividades para o próximo curso, onde se está ultimando a participación en dous eventos de gran importancia en Galicia e con proxección internacional como é Termatalia, que se celebrase en Ourense e Todo Saúde que se celebra en Pontevedra na primavera do ano 2011; ademais tamén está preparado un calendario de actividades informativas abertas ao público para dar a coñecer as ferramentas que utiliza o Naturópata na súa práctica profesional, xunto coa campaña identitaria que está a realzar a Organización Colexial Naturopática FENACO a nivel nacional.

En está liña de actuacións, José González, Presidente de FENACO Galicia, corrobora os bos resultados que está tendo a Organización Colexial Naturopática FENACO en Galicia a nivel de afiliación e a nivel de interlocución coa Administración, así como as relacións asociativas coa asociación de traballadores autónomos ATA Galicia.

Na elaboración das actividades que vai realizar FENACO Galicia durante o próximo exercicio, estivo presente, Nicole González, Vicepresidenta 1ª da Organización Colexial Naturopatica FENACO, quen ao termino da mesma manifestou que a profesión naturopática xa ten o seu sitio na sociedade que cada vez require máis dos Servizos de Naturopatía. Tamén estivo presente Manuel Navarro, Presidente da Organización Colexial Naturopatica FENACO para dar o respaldo corporativo ao bo traballo que está a realizar FENACO Galicia, presidido por José González; e xunto a eles, José Chouza, Director de Mercadotecnia de FENACO presentou aos asistentes as actividades publicitarias para relanzar a imaxe corporativa da Organización Colexial Naturopática FENACO.