A Organización Colexial Naturopática FENACO en Galicia, FENACO Galicia ultima os preparativos para a súa participación na 10ª edición de Termatalia, Feira Internacional de Turismo Termal, que terá lugar en Ourense do 15 ao 17 de outubro. Na reunión da Xunta de Goberno da Organización Colexial Naturopática FENACO en Galicia, FENACO Galicia, estivo presente, Manuel Navarro, Presidente de FENACO para dar o apoio e respaldo á xestión realizada por FENACO Galicia para a promoción e desenvolvemento da profesión naturopática coa súa asistencia a Termatalia, onde exporemos os servizos que prestamos aos profesionais do sector, asi como os aspectos formativos e o desenvolvemento sociolaboral que está a ter a profesión naturopática coa consecuente demanda de postos de traballos no sector naturopático. José González, Presidente de FENACO Galicia valora positivamente a participación da Organización Colexial Naturopática FENACO en Termatalia debido sobre todo á expansión empresarial, profesional, laboral e formativa que está a ter a área hidrotermal dentro dun concepto de saúde máis relacionado co benestar e calidade de vida. En está reunión tamén estiveron presente, Cristina García, Vicepresidenta de FENACO Galicia; Myriam Valbuena, Secretaria Xeral de FENACO Galicia; Maria Teresa Carames, Delegada de FENACO Ourense; Eugenio Rio, Delegado de FENACO Lugo; Xullo Antonio Xusto, Vogal de FENACO Galicia; e contamos tamén coa presenza de Manuel Montes, Presidente de FENACO Comunidade Valenciana. FENACO Galicia segue consolidandose como referente do sector naturopático representando e defendendo os intereses profesionais do sector naturopático, ofrecendo solucións reais e achegando iniciativas para propiciar a creación de emprego no sector naturopático galego. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario