23/8/10

FENACO Galicia consolídase facendo profesión


A Organización Colexial Naturopática FENACO en Galicia, FENACO Galicia, ultima o calendario de actividades para o próximo curso, onde se está ultimando a participación en dous eventos de gran importancia en Galicia e con proxección internacional como é Termatalia, que se celebrase en Ourense e Todo Saúde que se celebra en Pontevedra na primavera do ano 2011; ademais tamén está preparado un calendario de actividades informativas abertas ao público para dar a coñecer as ferramentas que utiliza o Naturópata na súa práctica profesional, xunto coa campaña identitaria que está a realzar a Organización Colexial Naturopática FENACO a nivel nacional.

En está liña de actuacións, José González, Presidente de FENACO Galicia, corrobora os bos resultados que está tendo a Organización Colexial Naturopática FENACO en Galicia a nivel de afiliación e a nivel de interlocución coa Administración, así como as relacións asociativas coa asociación de traballadores autónomos ATA Galicia.

Na elaboración das actividades que vai realizar FENACO Galicia durante o próximo exercicio, estivo presente, Nicole González, Vicepresidenta 1ª da Organización Colexial Naturopatica FENACO, quen ao termino da mesma manifestou que a profesión naturopática xa ten o seu sitio na sociedade que cada vez require máis dos Servizos de Naturopatía. Tamén estivo presente Manuel Navarro, Presidente da Organización Colexial Naturopatica FENACO para dar o respaldo corporativo ao bo traballo que está a realizar FENACO Galicia, presidido por José González; e xunto a eles, José Chouza, Director de Mercadotecnia de FENACO presentou aos asistentes as actividades publicitarias para relanzar a imaxe corporativa da Organización Colexial Naturopática FENACO.

No hay comentarios: